EIM VEDRA. CURSO 23/24

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2023/2024

Os proxenitores de alumnos de RENOVACIÓN deberán comprobar que figuran na listaxe. NON é necesario facer ningún trámite adicional nin aportar nova documentación.

As persoas admitidas de NOVO INGRESO teñen un prazo de 15 DÍAS NATURAIS (do 02 de xuño ao 16 de xuño, ambos incluídos) para aceptar a praza adxudicada e presentar a seguinte documentación:

­              Documento de aceptar a praza adxudicada asinado.

­              Certificado médico do/a neno/a.

­              Catro fotografías tamaño carné.

­              Copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a.

­              Cartilla de vacinación actualizada.

Se finalizado o período de matrícula, esta non fose formalizada ou entregada toda a documentación sinalada no apartado anterior, decaerá o dereito á praza obtida e tampouco quedará na listaxe de agarda.

Máis información, na normativa reguladora e no departamento de servizos sociais comunitarios (981 814 693)