Convócase proceso de selección para cubrir dous postos de oficial de segunda de xardineiro/a forestal mediante a modalidade contractual de Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral, a tempo completo e cunha duración de nove meses a través do programa “APROL RURAL VEDRA 2022” financiado pola Consellería Emprego e Igualdade. (expedientes XUNTA TR351G 2022/000008-1 e TEDEC 2022/A008/000016)201800000874820180000087482018000008748.
As bases que rexerán o proceso de selección, mediante oferta na oficina de emprego correspondente, estarán publicadas na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do concello.
Requisitos para acceder ao posto:
a) Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
b) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo.
c) Que non fora separado mediante expediente disciplinario, do Servizo da Administración, nin encontrarse en situación de inhabilitación para o exercicio da función pública por sentencia firme.
d) Non incorrer en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na lei 53/1984 de 26 de decembro do persoal ó servizo das Administracións Públicas.
e) Estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego correspondente.
f) Estar en posesión de carné de conducir B1.
g) Os recollidos no artigo 14 da Orde de 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural).
h) Segundo indica a Orde de 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) no seu artigo 14.5, terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:
- Mulleres, en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
- Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.
- Persoas paradas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
- Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
As persoas aspirantes deberán acreditar documentalmente mediante documento orixinal ou copia cotexada o cumprimento de requisitos legais e de pertenza ao colectivo ou colectivos establecidos pola convocatoria.
As persoas aspirantes serán preseleccionados pola Oficina Pública de Emprego de Santiago, que remitirá lista provisional, previa oferta presentada por esta entidade.