ACCIÓN DE VERÁN. VEDRA 2022

Aquí podes consultar a información sobre todas as accións deste verán en Vedra.

** CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022

O departamento de xuventude do Concello de Vedra presenta unha nova campaña de campamentos de verán.

As prazas serán limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas neste municipio (realizarase sorteo no caso de ser preciso)

Prazo de preinscrición aberto do 10 ao 20 de maio en concellodevedra.gal

CAMPAMENTO INFANTIL... 

PARA QUÉN? Para nados e nadas en 2010,2011,2012,2013

ONDE? Nas Rías Baixas

CANDO? Do 23 ao 30 de xuño

PREZO? 195 €

PARA INSCRIBIRTE... PREME AQUÍ 

CAMPAMENTO XUVENIL  ... 

PARA QUÉN?  Para nados e nadas en 2006,2007,2008,2009

ONDE? Nas Rías Baixas

CANDO? Do 23 ao 30 de xuño

PREZO? 195 €

PARA INSCRIBIRTE... PREME AQUÍ 

CAMPAMENTO XUVENIL IBIZA  ... 

PARA QUÉN?  Para nados e nadas en 2004,2005,2006

ONDE? Ibiza

CANDO? Do 5 ao 12 de xullo

PREZO? 275 €

PARA INSCRIBIRTE... PREME AQUÍ 

 

** VIAXE DA MOCIDADE A IBIZA

Proposta para a mocidade de +18.

DATAS: Do 2 ao 9 de agosto

PREZO: 295 € Estudantes e persoas en situación de desemprego

              325 € Outros/as situacións

Inclúe: voo (facturación e seguro de viaxe), aloxamento en albergue con almorzo, 2 excursións: Ibiza cidade e ruta pola illa, 1 cea de confraternidade.

Prazas limitadas. Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vedra con idades entre os 18 e 35 anos. (Realizarase sorteo no caso de ser preciso)

Preinscricións: Do 10 ao 27 de maio en www.concellodevedra.gal

PARA INSCRIBIRTE... PREME AQUÍ 

** LUDOVERÁN 2022

PRAZO ABERTO PARA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONXUGA CONCILIACIÓN MODALIDADE VERÁN 2022 (MESES DE XULLO E AGOSTO)

Prazo de solicitude: Do 02 ao 24 de maio, ambos incluídos.

Documentación:

- Modelo de solicitude CONXUGA verán.

- Copia do libro de familia.

- Documentación xustificativa da situación laboral de ambos proxenitores (vida laboral, última nómina, último recibo de pagamento da cota de autónomos, situación de desemprego, ERTE, etc.).

- Declaración de IRPF de 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala de ambos proxenitores.

- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores NON empadronados/as en Vedra.

- Copia do libro de familia numerosa, no seu caso.

** Lugares de presentación das solicitudes:

Pola Sede electrónica: https://sede.vedra.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudinscripcionactividadesconciliacion_N

(No caso de presentar a solicitude por sede electrónica, recórdase que hai que incluír o modelo específico de solicitude do Programa CONXUGA. No enlace da sede electrónica, pódese descargar en formato PDF no apartado “Documentación”).

No Rexistro Xeral do Concello de Vedra, PREVIA CITA nos teléfonos 981 81 46 93 ou 981 81 46 12.

En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Máis información nos seguintes teléfonos: 

981 81 46 93 (Servizos Sociais)

981 81 46 12 (Concello de Vedra)

699 04 14 86 (Educadora Familiar)

660 39 56 74 (Ludoteca)

Ordenanza reguladora do servizo: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/09/21/2020_0000006458.pdf

 

**CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2022.  DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O Concello de Vedra ten adxudicadas 4 prazas para os  Campamentos  Deportivos 2022 na 2ª quenda que será do 3 ao 8 de xullo no I.E.S Rosalía Mera (rúa Archer Milton Huntington,24- A Coruña).

Este campamento conta cun amplo programa de actividades deportivas e culturais: deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográfi­cas.

Poderán participar os nenos e  as nenas de entre 9 e 14 anos xa cumpridos (nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013) que aboarán 85,00 euros como cota de participación.

As inscricións realizaranse no concello, a través da sede electrónica ou do rexistro  municipal con data límite do 20 de maio  achegando a ficha de inscrición cumprimentada que podes descargar  neste mesmo espazo  ou  no departamento de cultura e deportes.

Unha vez confirmada a praza solicitarse o resto de documentación precisa para a actividade.

No caso de ter máis solicitudes que prazas concedidas  realizaremos un sorteo ante o secretario do concello para adxudicar as prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán da deputación.