ARGALLAR. EXPOSICIÓN PARA XOGAR COA ARQUITECTURA.

 

O pasado venres, 13 de setembro, inaugurouse na Cidade da Cultura ARGALLAR, Exposición para xogar coa Arquitectura, xornada na que participaron os nenos e nenas do CEIP Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla).

O comisario da exposición é Fermín Blanco, arquitecto autor de numerosos proxectos no noso concello.

Esta exposición estará aberta ao público ata o 10 novembro, de martes a domingo en horario de  10 A 20  horas, no Museo da Cidade da Cultura (Centro Gaiás, andar 3).

 A ENTRADA É DE BALDE.

Exposición recomendada para pequenos/as e maiores.

 

+ info:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/novas/o-museo-gaias-convida-con-argallar-xogar-coa-arquitectura-familias-e-colexios