AXUDAS DESTINADAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS EN SITUACIÓN DE ERTE

AXUDAS DESTINADAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS EN SITUACIÓN DE ERTE

Publicada o día 23/09/2021 no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria das axudas.: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0599-140921-0004_gl.html

Persoas beneficiarias:

  1. Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as persoas traballadoras fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da COVID-19.
  2. Que se encontren incluídas nun ERTE no período temporal do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, polo menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.
  3. Que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.

Presentación das solicitudes:

  • Prazo: Do 24/09/2021 ao 25/10/2021, ambos inclusive.
  • Lugar: Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR820G&ano=2021&numpub=1&lang=es ou presencialmente en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Documentación: Solicitude asinada polo traballador e informe de vida laboral actualizado.

Unidade tramitadora:

Consellería de Emprego e Igualdade

Dirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547241

Email: sxrelacionslaborais.emprego@xunta.gal