BONO COIDADO EXTRAORDINARIO COVID-19

 

 

O venres 12 de xuño de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm.114-bis) a convocatoria do BONO COIDADO EXTRAORDINARIO.

Consiste nunha axuda para as familias con menores de doce anos que, debido á suspensión da actividade na escolas infantís e centros de ensinanza, precisan conciliar a súa vida familiar e laboral e contraten para elo servizos de atención á infancia a domicilio, unha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos menores ou o proxenitor pase a situación de excedencia para o coidado dos menores. A axuda pode alcanzar ata o 100% do custo cun límite máximo de 500€/mes e o período subvencionable comprende dende o 16 de marzo ata a finalización da suspensión das actividades en escolas infantís e centros de ensinanza, sen exceder este ano 2020.

Os requisitos para a súas solicitude son os seguintes:

  • Que o menor a cargo nacera con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
  • Que ambos proxenitores, ou o único en caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballen.
  • Que o salario neto da unidade familiar na última mensualidade non supere os 2.500€ ou, de superalos, os 806€ per cápita.

A presentación destas solicitudes deberase facer entre o 13 de xuño e o 13 de xullo de 2020 OBRIGATORIAMENTE A TRAVÉS DE MEDIOS ELECTRÓNICOS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia utilizando algún medio de firma electrónica (Chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico): https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS900C&ano=2020&numpub=1&lang=es

Para calquera dúbida pode contactar nos seguintes medios: