CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL "HAI VEDRA"

COMUNICACIÓN DE PERSOAS PREMIADAS NOS SORTEOS

O pasado venres 21 de agosto de 2020 ás 12:00 h. no salón de plenos da Casa do Concello, tiveron lugar os sorteos da campaña “Hai Vedra”.

** A listaxe das persoas gañadoras neste sorteo podes vela nos arquivos desta mesma sección.

ENTREGA DE VALES DE COMPRA

A entrega dos vales de compra ás persoas gañadoras terá lugar na Casa do Antigo Xulgado de Vedra (fronte á farmacia de Vedra) os días e horas que a continuación se indican:

- Venres 28 de agosto 2020 de 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:00 h.; os 10 vales de compra de 100 €, os 20 vales de compra de 50 € e os 50 vales de compra de 30 €.

- Luns 31 de agosto de 2020 de 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:00 h.;

os 100 vales de compra de 20 €.

USO DOS VALES DE COMPRA

Os vales de compra dos sorteos poderanse gastar ao longo dos meses de setembro e outubro de 2020 nas empresas/comercios do Concello de Vedra.

O gasto pode realizarse en calquera negocio, servizo e sector, salvo en produtos de alimentación, dado que este sector se viu reforzado durante esta crise sanitaria.

#Compromiso coas empresas locais
#É tempo de apoiarnos…merca en Vedra
#Valoremos o noso…merca en Vedra