CAMPAÑA DE ESQUÍ 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 
A Deputación da Coruña dentro da programación deportiva para o ano 2023 pon en marcha a Campaña de neve 2023 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
O Concello de Vedra ten adxudicadas 5 prazas para para a 4ª quenda que terá lugar dende o 03/02/23 ata o 06/02/23. Os participantes neste programa gozarán de catro días con aloxamento a pé de pista e manutención, ademais de cursos de esquí.
Para participar é preciso ter entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2022) e estar empadroados en Vedra.
** PREZO POR PRAZA: 85 € (inclúe transporte, estancia, manutención, monitorado, actividades de esquí, seguros,...)
+INFORMACIÓN NO TELÉFONO 981 814 691
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: ata o 14 de decembro.
OLLO!! Se houbese máis solicitudes que prazas concedidas, realizaremos un sorteo público para seleccionar os rapaces e rapazas participantes desta campaña.