CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2023. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2023

O Concello de Vedra ten adxudicadas 3 prazas para os Campamentos Deportivos 2023
CANDO? Na 3ª quenda que será do 16 ao 21 de xullo
ONDE? No I.E.S Rosalía Mera na cidade da Coruña
PREZO? 85,00 euros como cota de participación.
A QUEN VAI DIRIXIDO? Poderán participar os nenos e as nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014
INSCRICIÓNS:  As inscricións realizaranse no concello, a través da sede electrónica ou do rexistro municipal con data límite do 7 de xuño achegando a ficha de inscrición cumprimentada que tes dispoñible nesta sección ou fisicamente no departamento de cultura e deportes.
PROGRAMA: Este campamento conta cun amplo programa de actividades deportivas e culturais: deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.

Unha vez confirmada a praza solicitarse o resto de documentación precisa para a actividade.
No caso de ter máis solicitudes que prazas concedidas realizaremos un sorteo ante o secretario do concello para adxudicar as prazas.
Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán da deputación.
Máis información no departamento de cultura e deportes ou no teléfono 981 81 46 91