CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA PAISAXÍSTICA E DE EMBELECEMENTO DE BENS E RECURSOS QUE SE ATOPEN NO CAMIÑO DE SANTIAGO

AVISO DE CONVOCATORIA  DE AXUDAS  NO DOG nº 229 DO LUNS 2 DE DECEMBRO DE 2019. Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA PAISAXÍSTICA E DE EMBELECEMENTO DE BENS E RECURSOS QUE SE ATOPEN NO CAMIÑO DE SANTIAGO, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020.

1.- Beneficiarios principais:

a) Persoas físicas e xurídicas privadas

2.- Importe da subvención: a) Persoas físicas ou xurídicas privadas: 75% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 10.000 €

3.- Actuacións subvencionables:

a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna

b) Actuacións sobre a casa e a eira

c) Actuacións no espazo agrario d) Actuacións de naturalización

e) Actuacións no trazado do camiño

4.-Prazo de solicitude de subvención: Dende o martes 3 de decembro de 2019, ata esgotamento do crédito, cun límite máximo de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución do DOG.

INFÓRMATE NO DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL OU NO TELÉFONO. (669 450 801)