A Xunta de Galicia, ven de publicar varias axudas para o ano 2022, entre as que compre destacar:
VIVENDA:
1.- Proxectos de biomasa para particulares: RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan estas subvencións para o ano 2022 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220118/AnuncioG0474-271221-0001_gl.html
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 1 de xullo de 2022 ou cando se esgoten os fondos. Máis información: 981541500 ou inega.info@xunta.gal.
2.- Axudas de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas: RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220119/AnuncioG0192-221221-0002_gl.html
Fin do prazo de solicitude o 21/02/2022. Máis información: 981541755.
MEDIO RURAL:
1.- Axudas para prevención de danos causados polo lobo, oso e xabaril: ORDE do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809D).
1.1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso.
1.2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220120/AnuncioG0532-271221-0002_gl.html
Fin do prazo de solicitude o 21/02/2022. Máis información: 981957106 ou dxcn@xunta.es.
PROMOCION ECONOMICA
1.- Axudas para ampliación e modernización pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias: RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de inversión en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220125/AnuncioO90-301221-0001_es.html
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será de un (1) mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Máis información: 981547382.
*Podes ver o cartel desta convocatoria á marxe-
VICEPRESIDENCIA
PR487A - Subvencións en réxime de concorrencia competitiva dentro do plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia
Prazo de presentación: ABERTO dende o 15/01/2022 ata o 14/02/2022.