ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O NOVO INGRESO OU RENOVACIÓN DA PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VEDRA DENDE O 16 AO 31 DE MARZO, ambos incluídos.
NON se poderán presentar solicitudes fóra do prazo ordinario establecido, salvo nos casos excepcionais previstos no Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal, coa debida xustificación.
- Lugar de presentación das solicitudes:
Preme na seguinte ligazón para ver o Vídeo explicativo sobre o funcionamento da Sede electrónica
- Presencialmente, no Rexistro Xeral ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA, solicitada a través dalgún dos seguintes medios:
- Cita previa
- Nos teléfonos 981 81 46 93 ou 981 81 46 12 (opción 1 – Servizos Sociais).
- Documentación necesaria:
- RENOVACIÓN DE PRAZA: Declaración de IRPF de 2020 ou certificado negativo de rendas de ambos proxenitores. Descarga o dito certificado na seguinte ligazón da Axencia tributaria
- NOVO INGRESO:
- Copia do DNI de ambos proxenitores.
- Copia do libro de familia ou certificado de nacemento do menor.
- Declaración de IRPF de 2020 de ambos proxenitores ou certificado negativo de rendas.
- Copia da última nómina de ambos proxenitores ou pago do recibo de pago de autónomos, certificado de desemprego do SEPE, de pensión, etc.
- Certificado de empadroamento colectivo (en caso de NON estar empadroado no Concello de Vedra).
- Outra documentación, no seu caso: Sentenza de divorcio, certificado de discapacidade, dependencia, e outras acreditativos de situacións susceptibles de baremación.
- Para máis información:
- Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal de Vedra (BOP A Coruña, 179, de 26 de outubro de 2020):
- Nos teléfonos 981 81 46 93 ou 981 81 46 12 (opción 1 – Servizos Sociais).