EIM VEDRA. CURSO 23/24

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VEDRA CURSO 2023/2024

Ligazón ao taboleiro de anuncios electrónico do Concello: PREMENDO AQUÍ

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días NATURAIS a contar dende o día seguinte á publicación para presentar as alegacións e reclamacións que consideren pertinentes (do 21 ao 30 de abril, ambos incluídos). Unha vez transcorrido ese prazo, procederase a publicar a listaxe definitiva e abrirase o prazo para a aceptación da praza concedida.

NON se efectuarán notificacións individuais, polo que é preciso atender á publicación das listaxes no taboleiro de anuncios electrónico, na páxina web municipal e na propia escola.

NON se admitirán aceptacións de prazas concedidas ata a publicación da listaxe DEFINITIVA. Esta publicación terá lugar na primeira semana do mes de xuño.

  • O alumnado que renova praza soamente deberá comprobar que está incluído na listaxe. Non será preciso realizar ningún trámite adicional.
  • Os proxenitores do alumnado de novo ingreso deberán aceptar a praza concedida unha vez se publique a listaxe DEFINITIVA.

Para máis información:

  • Departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra: 981 81 46 93 ou 981 81 46 12 (opción 1)
  • Regulamento de réxime interno da EIM: PREME AQUÍ
  • Ordenanza fiscal reguladora da  taxa pola prestación do servizo de EIM: PREME AQUÍ