ENTROIDO RURAL TRADICIONAL XENERAIS DA ULLA - EN VEDRA

Xenerais da ulla. Festa de declarada de interese Turístico de Galicia, para saber mais visita:

www.xeneraisdaulla.com

... ENTROIDOS MUNICIPAIS EN VEDRA!!

O SÁBADO 2 DE MARZO

Baile de disfraces no Centro Social da Terceira Idade.

A partir das 18:00 h. festa rachada.

O LUNS 4 DE MARZO

O concello de Vedra propón unha alternativa diferente para a tarde do luns de Entroido.

Lugar: Casa das Artes de Vedra ( San Fins)

Horario: a partir das 17:00 h.

**Haberá desfile e concurso de disfraces, música e moita diversión para toda a familia!!

 

... EN VILANOVA FESTA DA CACHEIRA E ENTROIDO O 2 DE MARZO

A comisión de festexos de San Pedro de Vilanova, organiza coma cada ano, un xantar  arredor do Entroido co COCIDO TRADICIONAL como protagonista.

LUGAR: Campo da festa de Picón

PREZO: 20 € por persoa

** Reserva de tíckets no Bar o Rancho (Picón – Vilanova)

A partir das 18:00 h chegará o momento DO ENTROIDO

CON PARRANDAS DE VELLOS E NENOS, ATRANQUES DOS XENERAIS DA ULLA E MOITA DIVERSIÓN!!

 

... EN SAN XIÁN O 9 DE MARZO

Programa:

- Ás 11:00 h. saída do campo da festa da comitiva carnavalesca.

Percorrerase a parroquia coma todos os anos con carrozas, coro de bonito, coro de vellos, correos e xenerais, e todas aquelas persoas que queiran participar.

 - Ás 19:00h. chegada o campo da festa, onde terán lugar os "ATRANQUES".

 - A continuación e para rematar o día haberá unha actuación musical.

... EN TROBE O 10 DE MARZO

* Percorrido por toda a parroquia.

* Xantar no Local Multiusos.

* Ás 19 h. Atranques dos Xenerais da Ulla no campo da festa.