FINALIZACIÓN DO PRAZO DE ASISTENCIA GRATUÍTA PARA INCIDENCIAS COA TDT E O DESPREGAMENTO DO 4G

Dende o servizo Llega800 infórmannos de que a partir do 31 de xaneiro finaliza definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na TDT. No caso de que se instalen novas estacións de telefonía móbil abrirase de novo o prazo para solicitar asistencia técnica gratuíta no caso de avarías. Para máis información poden contactar co concello no 981 814 612 ou coa Oficina técnica do Llega800 no 900 831 902.