GOZA DO ULLA 2019

Un programa cun total de 20 rutas  de sendeirismo que se desenvolven dende maio ata novembro para gozar ao máximo do río que pon nome á iniciativa. 

Son vinte os concellos que participarán: Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Monterroso, Palas de Rei, Dodro, Boqueixón, Vedra, Pontecesures, Valga, Teo, Antas de Ulla, Arzúa, Padrón, Catoira, Santiso, Touro e Rianxo.

Vedra participará coa Ruta de San Xoán da Cova, que terá lugar o domingo 4 de agosto, que discorre pola marxe dereita do río e aproveita os camiños de paso de sendas de pescadores.