Datas: Do 23 ao 29 de outubro de 2026
Lugar: CDR O Viso, en Lodoselo (Ourense)
Temática: O proxecto ten como eixe principal o uso dos xogos tradicionais como ferramenta de inclusión social, xestión socioemocional e desenvolvemento da identidade cultural en adolescentes.
Grupo participante: o grupo participante vén de Francia e está formado por adolescentes (de entre 14 e 17 anos) de terceira xeración de familias procedentes do norte de África. Por este motivo, consideramos que é unha oportunidade especialmente valiosa para mozos e mozas de Vedra dese mesmo rango de idade. A convivencia internacional e o traballo socioeducativo poden ter un impacto moi positivo no seu desenvolvemento persoal, de autoestima e nas habilidades sociais.
Información loxística do proxecto:
- Perfil dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos.
- Aloxamento, manutención, actividades de convivencia, seguro... cubertos no CDR O Viso.
- Prazas: O grupo de Galicia-Vedra estará formado por un total de 12 participantes + 1 monitora acompañante de Vedra
- Coordinación escolar: Dado que a actividade coincide parcialmente con días lectivos, a saída organizarase o día 23 ao rematar as clases. Coordinarase cos centros educativos para xustificar debidamente as ausencias en base ao valor pedagóxico do programa.
Organiza: Asociación Sociocultural BreGal
Colabora: Concello de Vedra
* Consultas e inscricións: xuventude@concellodevedra.gal – 981814695