LETRAS GALEGAS EN VEDRA

O 17 de maio Galicia conmemora o Día das Letras Galegas na honra a Florencio Delgado Gurriarán.

E Vedra celebrao coa seguinte programación municipal:

  • Campaña de sensibilización “En galego... hai Vedra”
  • Visitas teatralizadas ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla co alumnado vedrés. 16, 23, 30 de maio
  • As árbores de Vedra con Florencio; Acción do "Vedra medra"
  • Presentación de "O libro falador". Texto de Henrique Neira e ilustracións de Manuel Blanco. 27 de maio ás 11:00 h. Centro Sociocultural de Vedra
  • Teatro: "Terapia Alternativa". Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra. 27 de maio ás 21:30 h. Nave da Estación de Sta. Cruz de Ribadulla
  • A memoria dos lugares. "A fonte de Santa Isabel" (Audiovisual) GDR Terras de Compostela

Ademais a Asociación Cultural San Campio desenvolve a seguinte programación:

       ** VII Concurso "Serán das Letras"

       ** Excursión a Raigame o 17 de maio.

       ** VIII Serán das letras o 21 de maio.