LUDOTECA MUNICIPAL VERÁN 2020

LUDOTECA MUNICIPAL DE VEDRA.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN CONXUGA 2020.

**PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA.

Lémbrase que no caso de acudir ás oficinas municipais pidan CITA PREVIA a través de algún dos seguintes medios:

  • Teléfono de Servizos Sociais: 981 81 46 93
  • Teléfono xeral do Concello: 981 81 46 12
  • Enlace de cita previa: https://sede.vedra.es/opencms/gl/cita/index.html
  • Pódese formular por escrito cantas reclamacións se consideren oportunas e entregalas nos lugares de presentación das solicitudes. Neste prazo non se poderá admitir ningunha documentación que non fose presentada no prazo de inscrición. Por iso, só se estudarán aquelas reclamacións que poñan de manifesto algún erro ou incorrección no proceso de selección.

    Publicación de listaxes definitivas de admisión o 24 de xuño

    Publicaranse a listaxe definitiva de admitidas/os e a listaxe de agarda nos lugares citados anteriormente, por rigorosa orde de puntuación, unha vez resoltas as reclamacións, se as houber.

 

----------------------- INFORMACIÓN SOBRE A ACCIÓN ---------------------------------

 

Por mor da situación da pandemia do Covid-19 , o Programa Conxuga desenvolverase este ano nos meses de xullo e agosto tomando  as medidas para que as  instalacións onde se desenvolva  cumpran a normativa vixente en materia de seguridade, hixiene, sanidade, habitabilidade, accesibilidade, así como outras condicións en materia de prevención. Tendo en conta a idade das persoas usuarias ás que vai destinado o servizo,  limitarase o aforo máximo a 20 menores para poder garantir as condicións preventivas e de seguridade. Dispoñerase dunha caixa de emerxencias, fóra do alcance dos nenos/as, debidamente pechada, e que conterá o material necesario para facer unhas primeiras curas e medición de temperatura.

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES :

As solicitudes presentaranse en prazo a través da sede electrónica (se é posible) ou ben no rexistro do concello de Vedra mediante cita previa no teléfono 981 814 693

Criterios de admisión.

Realizarase unha inscrición, que corresponderá aos meses de xullo e agosto de 2020.

-Abrirase un  prazo para a inscrición ao programa de conciliación Conxuga ,  ludoteca de verán do  2 ao 15 de xuño.

Admitiranse, inicialmente, as/os menores  que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar empadroados no concello de Vedra con residencia efectiva de polo menos 6 meses.

2. Idade comprendida de 3 anos (escolarizados nun centro educativo do concello de Vedra)  a 12 anos.

 

SITUACIÓN SOCIOLABORAL E FAMILIAR

Casos de emerxencia social ou menores incluídos no Programa de educación familiar acreditados polos servizos sociais comunitarios do concello de Vedra ou calquera outra situación que valorada tecnicamente se considere dende os SS.

6 puntos

Unidades familiares  con ingresos mensuais inferiores ao IPREM (537,84€)

3puntos

Unidades familiares  con ingresos mensuais inferiores ao 1,5 do IPREM (806,76€)

2 puntos

Unidades familiares  con ingresos mensuais inferiores ao 2,5 do IPREM (1.344,6€)

1 punto

Situación de familia numerosa

Xeral 1 punto

Especial 2 puntos

SITUACIÓN LABORAL DE OCUPACIÓN 

 

Familias biparentais: cando as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais traballan no mercado laboral

3 puntos

Familias monoparentais: cando a nai, pai, titora ou titor legal traballa no mercado laboral

4 puntos.

Familias biparentais: cando unha das persoas proxenitoras ou titoras legais traballa no mercado laboral e a outra en situación de desemprego (debe acreditarse)

1 punto.

 

Familias monoparentais: cando a nai, pai, titora ou titor legal está en situación de desemprego (debe acreditarse):

1 punto

 

Tamén se considera que están en "situación laboral activa" cando se atopen en situación de IT (incapacidade transitoria), en situación de licenza por maternidade ou paternidade ou en situación de excedencia por coidado de menores.

-Procedemento:

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ACHEGAR XUNTO Á SOLICITUDE

  1. Fotocopia do libro de familia.

  2. Certificado de empadroamento das/os menores así como dos seus proxenitores ou titores con detalle da data.

  3. Vida laboral ou documentación xustificativa da situación laboral dos pais (fotocopia da última nómina). En caso de estar en situación de baixa ou excedencia ERTE ou estar en situación de desemprego no momento de solicitar praza, deberá achegar fotocopia do documento polo que se recoñece a situación.

  4. Declaración da renda do 2018 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala.

  5. En caso de familias monoparentais, fotocopia do libro de familia.

  6. Documento acreditativo de familia numerosa.

Unha vez feita a inscrición e fosen comprobados os requisitos anteriores, publicarase a lista de menores  admitidas/os.

Publicación de listas provisionais de admisión e listas de espera:

As listaxes provisionais preséntanse por orde alfabética e nelas detállase: o tramo de cota que  corresponde e, no seu caso, a situación na listaxe de agarda. As listaxes publicaranse nos lugares de presentación das solicitudes, no taboleiro do concello de Vedra e na web municipal (www.concellodevedra.com).