PROGRAMA CONXUGA CONCILIACIÓN. MODALIDADE VACACIÓNS LÚDICAS 2023
Coma todos os anos a ludoteca inicia unha nova tempada de verán intentando cumprir coa maior e mellor calidade os seus fins educativos e sociais. Terá lugar nos meses de xullo a agosto de 2023.
As prazas son limitadas. O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 31 de maio de 2023, ambos incluídos.
Lugar de presentación de solicitudes:
- Na sede Electrónica do Concello de Vedra (apartado de Servizos sociais – Inscrición en actividades de conciliación): PREME AQUÍ
- De xeito presencial: PREVIA CITA (981 814 693 ou 981 814 612) no rexistro do concello ou nos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo Ccmún das AAPP.
Documentación:
- Solicitude de ludoteca de verán
- Fotocopia do libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor do Rexistro civil.
- Documentación xustificativa da situación laboral dos proxenitores ou titores legais (vida laboral, última nómina, último recibo de pagamento da cota de autónomos, situación de desemprego, situación de ERTE, etc.).
- Declaración de IRPF do último ano ou xustificante acreditativo de non ter que presentala.
- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
- Copia do libro de familia numerosa, no seu caso.
Para calquera información poñerse en contacto nos teléfonos 699 041 486 ou 981 81 46 93 e no serguinte carmen.sabio@concellodevedra.gal
Normativa reguladora:
- Ordenanza reguladora Programa CONXUGA (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020)
- Modificación á ordenanza (BOP A Coruña núm. 157, do 19.08.2022)