MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL EN VEDRA

* MERCADIÑO DE SEGUNDA MAN NO NADAL

O Concello de Vedra organiza un Mercadiño de Segunda Man que terá lugar o domingo 22 de decembro na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla.

O Mercadiño de Segunda Man pretende ser un espazo no que a veciñanza de Vedra pode poñer á venda aqueles artigos que xa non utiliza e dos que quere desfacerse.

Ademais este mercado trata de ser un evento social no que a veciñanza do concello pase un día intercambiando artigos e desfrutando do ambiente de Nadal.

Entre os artigos que se poderán atopar no mercadiño destacan roupa, calzado, menaxe, libros, CDs de música, xoguetes…

O número de postos será limitado, e as reservas realizaranse por orde de inscrición.

Ademais contarase cunha proposta complementaria de actividades. O programa do día será o seguinte:

11:30 h. Apertura do mercadiño.

12:30 h. Showcooking e obradoiro infantil. (“Vive camiño en Vedra”)

17:00 h. Obradoiro infantil “Construíndo co método Lupo” e animación musical.

20:00 h. Peche do mercadiño.

As persoas interesadas poden realizar  a inscrición ou recibir máis información no Tf: 981 814 691. Departamento de Cultura.