PROGRAMACIÓN DE NADAL
Proposta de Vedra para un nadal diferente con actuacións familiares e con actividades incluídas no marco do "Nadal das Estrelas" subvencionado polo Programa Xacobeo 2021.
- Actuacións:
- Sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás.
- Actuación familiar a cargo de Fran Rei "Superheroe"
- Vedra en Ciencia:
- Sesións adicadas ás protagonistas desta Semana da Ciencia "As Estrelas" con obradoiros e actividades para a cativada de entre os 3 e os 12 anos.
- O Camiño das Estrelas no que as familias debían atopar a estrela agochada en cada unha das 12 parroquias.
As inscricións en cada unha destas propostas foron obrigadas e realizadas de forma virtual.