NADAL EN VEDRA. 2022

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2022

O Concello de Vedra felicitará o Nadal á súa veciñanza. Farao a través da tarxeta gañadora dunha nova edición deste concurso, que lles propón aos seus escolares un debuxo que represente o que para cada un significan estas datas.

REQUISITOS:

Estar empadroado/ empadroada ou escolarizado/a en Vedra.

Ter ata os 12 anos inclusive ou estar cursando 6º de Primaria.

Presentar o teu traballo ben no Departamento de Cultura do Concello de Vedra ou en calquera dos centros escolares de Vedra.

PRAZO DE PRESENTACIÓN ABERTO ATA O 2 DE DECEMBRO ÁS 14:00 HORAS.

 ** Podes consultar as bases do concurso na web municipal ou no propio  departamento de Cultura do Concello de Vedra.

** Dúbidas e consultas no teléfono 981814691