O PROGRAMA DE REDE CULTURAL 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ABRE O SEU PRAZO DE SOLICITUDE

 

A Deputación da Coruña abre dende o 27 de febreiro ao 13 de marzo ás 14 h o seu prazo de solicitude do Programa REDE CULTURAL. 

Con esta proposta a Deputación conecta o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axuda á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.

VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos

ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.

LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.

 

TODA A INFORMACIÓN EN: https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural