PEL 2020

O Concello de Vedra informa da convocatoria do proceso de selección para cubrir 2 postos de oficial de segunda xardineiro/a, 2 postos de oficial de segunda albanel a xornada parcial (5 horas/dia) durante 5 meses e 1 operario/a de servizos varios-axudante RSU a xornada completa durante 3 meses, subvencionado pola Deputación Provincial de A Coruña a través do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2020 (expediente 2020000012919).