O Concello de Vedra adheriuse ao programa PEL-Reactiva: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña, do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.
O obxectivo do programa é pór a disposición dos concellos un fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia, que dotará de liquidez aos autónomos e autónomas e microempresas, principal motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial da provincia.
Mediante o citado programa, o concello de Vedra xestionará unha convocatoria de axudas dirixidas a financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomos/autónomas e as microempresas instaladas no termo municipal de Vedra, coa fin de axudar a mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou.
Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións foron aprobadas por Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial da Coruña núm. 2020/23462 (Plan Reactiva- Norma 18). O seu texto íntegro foi publicado no BOP núm. 123/20, do 5 de agosto e na Resolución nº2020/24109 do 07 de agosto.
Gastos subvencionables. Importe e financiamento
Son gastos subvencionables os relacionados na base 7 da norma 18 (O IVE non se considera subvencionable).
Importe máximo da convocatoria: 77.980,76 euros.
As subvencións concedidas financiaranse con cargo ao PEL-Reactiva da Deputación Provincial (80%) e con recursos propios municipais (20%).
Período subvencionable: do 01 de marzo ao 31 de decembro de 2020.
Prazo e forma de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 05/11/2020 (día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP) ata as 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.
As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Vedra na seguinte ligazón da sede electrónica , utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida na base 4.3 da Norma 18.
Criterios de valoración.
As solicitudes presentadas puntuaranse de acordo cos criterios establecidos na base 6.1 da Norma 18.
Prazo de xustificación.
Os beneficiarios da subvención deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.