PISCINA MUNICIPAL DE VEDRA TEMPADA 2020 - RESERVAS

 

PISCINA MUNICIPAL DE VEDRA TEMPADA 2020.

RESERVAS NA SEGUINTE LIGAZÓN:  piscinavedra.com

APERTURA CON MEDIDAS ESPECÍFICAS PREVENCIÓN COVID-19

DATAS E HORARIO DE APERTURA

  • Apertura do 1 de xullo ao 31 de Agosto.
  • Horario: todos os días de 16:00 a 21:00 horas.

MEDIDAS ESPECIAIS COVID-19

  • Reforzarase a limpeza e desinfección constante de toda a instalación.
  • Limitación do aforo a 50 persoas día, establecendo un sistema previo de reserva mediante compra de entradas e bonos online.
  • Delimitación das zona de toallas.
  • Control e identificación no acceso a piscina.
  • Non se prestará ningún tipo de material (material de flotación)
  • Eliminación das mesas da zona de cafetería (si haberá cafetería)

TARIFAS

Entradas sen abono

  • Persoas empadroadas en Vedra
    • menores de 6 anos: ENTRADA GRATUÍTA
    • de 7 a 17 anos: 1 €
    • maiores de 18 anos: 2 €
    • maiores de 65 anos: 1 €
  • Persoas non empadroadas en Vedra
    • menores de 6 anos: 1 €
    • de 7 a 17 anos: 2 €
    • maiores de 18 anos: 3 €
    • maiores de 65 anos: 2 €

Bonos de baños

Exclusivamente para persoas empadroadas en Vedra

  • Bono de 12 baños menor de idade: 6 €
  • Bono de 20 baños menor de idade: 8 €
  • Bono de 12 baños maior de idade: 10 €
  • Bono de 20 baños maior de idade: 15 €

Na tempada 2020 non haberá abonos individuais e familiares e non haberá cursos de natación, como medidas preventivas a aplicar para a prevención do COVID-19

COMPRA DE BONOS E ENTRADAS

A compra de entradas e bonos de baños farase ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE ON LINE E CON PAGO CON TARXETA a través da páxina www.concellodevedra.es ou directamente na páxina www.piscinavedra.com

Este será o método exclusivo de acceso. Queda prohibido expresamente ao persoal da instalación permitir o acceso de ningunha persoa que non adquirira a entrada. Non obstante, tanto no concello como na propia instalación facilitarase información e prestarase asistencia a toda aquela persoa que o precise para a adquisición de bonos ou entradas.

LIMITACIÓN DE AFORO

  • O aforo estará limitado a 50 persoas por día.
  • Na páxina www.piscinavedra.com poderá coñecerse a ocupación diaria de cada día en tempo real.
  • Cada usuario poderá acceder a piscina en DÍAS ALTERNOS reservando dende 7 días antes ata as 13:00 do día que se desexe ir á piscina, ou completarse as 50 prazas do aforo.
  • A partir das 13:00 ata media hora antes do peche da piscina, en caso de que non estea completo o aforo, unha persoa poderá adquirir entrada aínda que asistira á piscina na xornada anterior e desexe asistir na posterior. Non computará aos efectos de limitación de accesos en días alternos.

Exemplo: "Se vou o luns podo volver o mércores. Se o martes a partir das 13:00 o aforo non está completo, pode mercar entrada ou facer efectivo o bono "cupón desconto" e ir sen que afecte isto á miña reserva dos outros dous días"

DÍAS DE CHOIVA QUE PECHA A INSTALACIÓN 

  • En caso non abrir a instalación por mala climatoloxía ou pechar antes das 19:00 polo mesmo motivo, será devolto aos usuarios o importe da entrada adquirida para ese día.
  • Aos usuarios de bono (cupón desconto), enviaráselles un novo código para volver a usar.
  • Ese mesmo criterio aplicarase se a instalación ten que pechar por algún outro motivo de causa maior.

TELÉFONOS ENDEREZOS E LUGARES DE INFORMACIÓN

  • Luns a venres de 10:00 a 14:00. Servizo de deportes concello de Vedra, teléfono 981814691
  • Luns a domingo de 16:00 a 20:00. Piscina municipal de Vedra, teléfono 653131344
  • No mail piscinavedra@gmail.com e na web www.piscinavedra.com
  • De xeito presencial de 10:00 a 14:00 de luns a venres no concello de Vedra e de 16:00 a 20:00 na piscina municipal de Vedra (os meses de xullo e agosto)