Plan de igualdade de oportunidades

A Constitución Española, no seu artigo 14, establece a non discriminación por razón de
nacemento, SEXO, relixión, opinión ou calquera condición ou circunstancia. Pero a pesar desta
equiparación constitucional, aínda os dereitos da muller non se respectan plenamente nin no
fogar, nin no traballo, nin nas rúas. Non é suficiente, pois, que existan leis que garantan os
nosos dereitos, senón que é necesario coñecelos para así poder exercitalos e denunciar, no seu
caso, o seu incumprimento, saber a que lugar, persoas ou institucións dirixirnos para efectuar
as nosas reclamacións.
No Concello de Vedra, como municipio integrante da Rede Galega de Concellos pola Igualdade,
e aprobado o “II Plan de Igualdade de Oportunidades, Dereitos e Deberes de Mulleres e
Homes do Concello de Vedra 2018-2022” colgar ofrécemosche os seguintes servizos como
dereitos recoñecidos:
No Departamento de Servizos Sociais Comunitarios
Dende o programa de Información e orientación facilítase unha orientación e asesoramento
ás mulleres que acoden , derivándoas, se fose necesario aos departamentos que poidan
proporcionarlles o apoio técnico adecuado. Días de atención de luns a venres
Asesoramento Xurídico
Unha técnica xurídica informará e asesorará, intervindo, cando o caso requírao, naquelas
materias xurídicas que afectan á muller tanto en dereito de Familia como en Dereito Penal.
Día de atención: venres
Departamento de fomento de emprego
O departamento de fomento de emprego ofréceche:

  • Información laboral.
  • Cursos de pre-formación.
  • Orientación para o autoemprego.
  • Fórmula de traballo asociado: Cooperativas, sociedades anónimas laborais...

Subvencións e axudas para a creación de empresas.
Días de atención de luns a venres
Outras:
Atención Psicolóxica Día de atención: os martes