PRAZO ABERTO SOLICITUDES EIM DE VEDRA

PARA NOVOS INGRESOS  OU PARA RENOVAR A TÚA  PRAZA NO CURSO 2021-2022

Este ano o prazo ordinario para solicitar a inscripción para o novo ingreso ou renovación de praza na Escola infantil municipal é do 16 AO 31 DE MARZO, ambos incluídos.

NON se poderán presentar solicitudes fóra do prazo ordinario establecido, salvo nos casos excepcionais previstos no Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal, coa debida xustificación.

  • Lugar de presentación das solicitudes:
  • Sede Electrónica do Concello de Vedra mediante uso de certificado dixital, firma electrónica ou DNI electrónico:
  • Presencialmente, no Rexistro Xeral ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA, solicitada a través dalgún dos seguintes medios:
  • Documentación necesaria:
  • NOVO INGRESO:
  • Copia do DNI de ambos proxenitores.
  • Copia do libro de familia ou certificado de nacemento do menor.
  • Declaración de IRPF de 2019 de ambos proxenitores ou certificado negativo de rendas.
  • Copia da última nómina de ambos proxenitores ou pago do recibo de pago de autónomos, certificado de desemprego do SEPE, de pensión, etc.
  • Certificado de empadroamento colectivo (en caso de NON estar empadroado no Concello de Vedra).
  • Outra documentación, no seu caso: Sentenza de divorcio, certificado de discapacidade, dependencia, e outras acreditativos de situacións susceptibles de baremación.
  • Para máis información:
  • Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal de Vedra (BOP A Coruña, 179, de 26 de outubro de 2020):
  • Por teléfono nos arriba indicados.