PROGRAMA CONXUGA: LUDOTECA E MADRUGA CURSO 2022/2023

Prazo aberto para as inscricións no servizo de ludoteca e madrugadores para o curso escolar 2022/2023 (meses de setembro a xuño): Do 13 de xuño ao 15 de xullo, ambos incluídos.

É importante que as persoas que queiran que os/as menores acudan a ludoteca no mes de setembro o fagan neste prazo.

Posteriormente no mes de de setembro abrirase un segundo prazo do 1 ao 24 de setembro coas prazas que queden baleiras, no seu caso.

Lugar presentación das solicitudes:

  • Rexistro Xeral do Concello. (CITA RPEVIA 981 81 46 93 ou 981 81 46 12).
  • Sede electrónica do Concello: PREME AQUÍ 
  • En calquera dos lugares previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo xeral das administración públicas.

Documentación:

  • Modelo de solicitude de CONXUGA curso escolar (ludoteca e madrugadores).
  • Fotocopia do libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor do Rexistro civil.
  • Documentación xustificativa da situación laboral actualizada dos proxenitores ou titores legais (vida laboral, última nómina, último recibo de pagamento da cota de autónomos, situación de desemprego, situación de ERTE, etc.).
  • Declaración de IRPF do último ano (IRPF 2021) ou xustificante acreditativo de non ter que presentala.
  • Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
  • Copia do libro de familia numerosa, no seu caso.

Para máis información nos teléfonos: 981 81 46 93 (Servizos sociais) ou 699 041 486 (educadora familiar – Mamen).