PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS 2021

Dúas modalidades:

  1. Respiro no fogar: A axuda consistirá nunha achega económica para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender ás necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados.
  2. Respiro en residencia: Posibilidade de que a persoa en situación de dependencia ou con discapacidade poida acceder temporalmente a un centro residencial. A axuda consistirá nunha achega económica para contribuír ao pagamento da mesma.

Período subvencionable: Dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2021.

Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Requisitos:

Que a persoa que se atende presente calquera das seguintes situacións:

  1. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
  2. Ter recoñecida a situación de dependencia no grao II ou III.
  3. Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Solicitudes: Prazo do 11 de xuño ao 30 de setembro de 2021.

Documentación:

  1. Copia do contrato de prestación de servizos de residencia ou de axuda ou empregada do fogar.
  2. Xustificación documental da situación de respiro do coidador.
  3. Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente se non fose expedido pola Xunta de Galicia.
  4. Documento que acredite oficialmente a situación familiar ou declaración responsable desta por parte do solicitante.
  5. Informe social e informe médico, se NON existe recoñecemento de grado de dependencia ou que variasen as circunstancias desde a valoración da dependencia.

Información e tramitación:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS614B&ano=2021&numpub=1&lang=es

Consellería de Política Social - Servizo de Prevención da Dependencia: 981 54 46 40

Servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra: 981 81 46 93