SOLICITUDE LUDOTECA E MADRUGADORES

Ábrese o prazo para a presentación de inscripcións no Programa CONXUGA Conciliación, nas modalidades de ludoteca e madrugadores.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO A SOLICITUDE

Para a aplicación do baremo de admisión e, no seu caso, dos descontos previstos, será necesario que as persoas solicitadas en inscribir aos seus fillos/as no Programa CONXUGA Conciliación, tanto na modalidade de Ludoteca coma de Madrugadores, acheguen, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

1.

Declaracións de IRPF de 2019 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala de ambos proxenitores ou titores legais.

2.

Vida laboral ou documentación xustificativa da situación laboral dos proxenitores ou titores legais (última nómina, último recibo de pagamento da cota de autónomos, documento que acredite a situación de desemprego, situación de ERTE, etc.) de ambos proxenitores ou titores legais.

3.

Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor no Rexistro Civil.

4.

No suposto de familias numerosas, copia do libro de familia numerosa.

5.

Certificado de empadroamento colectivo dos menores, así como dos proxenitores ou titores. En caso de empadroamento no Concello de Vedra, non será necesario e dito requisito será comprobado pola propia Administración.

6.

No suposto de que na unidade familiar haxa algún membro con grao II ou III de dependencia, documento que acredite tal circunstancia.

 

Pódese facer a través dos seguintes medios:

·         Presencialmente no Rexistro do Concello de Vedra: PREVIA CITA en 981 814 693 (servizos sociais) – 981 814 612 (xeral do concello) ou https://sede.vedra.es/opencms/gl/cita/index.html

·         Sede electrónica: https://sede.vedra.es/opencms/gl/

·         Calquera dos lugares de presentación de documentos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

Lémbrase que para poder acudir ás oficinas municipais hai que solicitar CITA PREVIA a través dalgún dos seguintes medios e ACUDIR CON MÁSCARA:

·         Teléfono: 981 814 693 (servizos sociais) ou 981 814 612 (xeral do concello).

·         Ligazón cita previa: https://sede.vedra.es/opencms/gl/cita/index.html