SOLICITUDE PARA O SERVIZO DE LUDOTECA. VERÁN 2022

PRAZO ABERTO PARA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONXUGA CONCILIACIÓN MODALIDADE VERÁN 2022 (MESES DE XULLO E AGOSTO)

Prazo de solicitudes: Do 02 ao 24 de maio, ambos incluídos.

Documentación:

Modelo de solicitude CONXUGA verán.

Copia do libro de familia.

Documentación xustificativa da situación laboral de ambos proxenitores (vida laboral, última nómina, último recibo de pagamento da cota de autónomos, situación de desemprego, ERTE, etc.).

Declaración de IRPF de 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala de ambos proxenitores.

Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores NON empadronados/as en Vedra.

Copia do libro de familia numerosa, no seu caso.

Lugares de presentación das solicitudes:

Pola Sede electrónica: https://sede.vedra.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudinscripcionactividadesconciliacion_N

(No caso de presentar a solicitude por sede electrónica, recórdase que hai que incluír o modelo específico de solicitude do Programa CONXUGA. No enlace da sede electrónica, pódese descargar en formato PDF no apartado “Documentación”).

No Rexistro Xeral do Concello de Vedra, PREVIA CITA nos teléfonos 981 81 46 93 ou 981 81 46 12.

En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Máis información:

Por teléfono:

981 81 46 93 (Servizos Sociais)

981 81 46 12 (Concello de Vedra)

699 04 14 86 (Educadora Familiar)

660 39 56 74 (Ludoteca)

Ordenanza reguladora do servizo: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/09/21/2020_0000006458.pdf