UNHA VOLTA Á CAMELIA

 

“UNHA VOLTA Á CAMELIA”

CICLO DE FORMACION E DIFUSION DA CULTURA DA CAMELIA NAS TERRAS DA ULLA

 

MARTES 19 DE NOVEMBRO

Centro de Formación Municipal, na Casa da Estación

 

CHARLA – CATA: Vén e proba o Té galego.

 

Charla – cata impartida por Carmen Salinero, presidenta da “Sociedad Española de la Camelia” sobre os fundamentos da elaboración deste prezado produto orixinado da camelia con cata e degustación das diferentes variedades.

 

 

SABADO 23 DE NOVEMBRO

Casa das Artes de San Fins de Sales

 

OBRADOIRO: Collage-camelia

 

Obradoiros de debuxo, pintura, modelado e manualidades con materiais de reciclaxe e arte floral impartido por Delio Sánchez (pintor e escultor)

 

Grupo infantil e xuvenil (nenos e nenas a partir de 6 anos)

 

 

MARTES 26 DE NOVEMBRO

Centro de Formación Municipal, na Casa da Estación

 

CHARLA - COLOQUIO: Principais problemas na sanidade da  camelia

 

Xornada técnica impartida por Pedro Mansilla que foi responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, dedicado á Investigación Práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal e agraria.

A xornada abordará as principais enfermidades da camelia, destacando fungos e virus da raíz, tronco, rama, folla e flor; así coma os principais artrópodos que atacan esta planta, os insectos e os ácaros.

 

DOMINGO 1 DE DECEMBRO

 

ROTEIRO: A CAMELIA NOS PAZOS E CASAS GRANDES DE VEDRA.

 

Esta ruta lévanos a percorrer diversas paraxes e xardíns inéditos de Vedra  relacionados co mundo da camelia. Estaremos acompañados por un guía que nos irá desvelando os segredos desta flor que ilumina o xardín de inverno.

 

 

SABADO 14 DE DECEMBRO

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

 

VISITA GUIADA:  PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA, PARAÍSO SEÑORIAL E MUNDO DE CAMELIAS.

 

Esta ruta lévanos a percorrer e descubrir con novos ollos o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla da man de Carlos Rodríguez Dacal, botánico e Catedrático de Ciencias Naturais.

 

 

Máis información e inscricións no Departamento de Cultura do Concello de Vedra ou no teléfono 98181469