V CARREIRA NOCTURNA SOLIDARIA
XV CARREIRA POPULAR DE VEDRA
III ANDAINA SOLIDARIA
Sábado 4 de xaneiro de 2020. Pavillón Municipal de Vedra.
• Ás 18:30 h. CARREIRA ABSOLUTA E SUB 18: 6.500 m.
• Ás 18:40 h. ANDAINA SOLIDARIA: 5000 m. Menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta.
• A partir das 19:30 h. CARREIRAS MENORES:
SUB 16 – SUB 14: 1.800 m.
SUB 12 – SUB 10: 1.000 m.
SUB 8: 200 m.
PITUFO: 100 m
Inscricións: ata as 23:59 h. do mércores 1 de xaneiro de 2020 en vedrasolidario.galitiming.com
Os/as participantes das carreiras absoluta e SUB 18 para a recollida do dorsal farán un donativo de 2,00€ que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra. Haberá un trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría desta carreira.
Os/as participantes das carreiras menores e da andaina para a recollida do dorsal farán un donativo de 2,00€ (que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra) e/ou doar 1 kg. de alimentos non perecedoiros ou cunha caducidade mínima de 4-5 meses (recomendándose aceite, conservas, produtos de hixiene e de limpeza).
Habilitarase un dorsal nº 0 para aquelas persoas que queiran participar na doazón sen tomar parte da proba.
Ao finalizar haberá chocolate con churros para todas as persoas participantes.
Información no teléfono 981 814 691