A Área de Muller e Igualdade de Vedra presenta as súas propostas darredor do 25N “Día Internacional contra as Violencias Machistas”
O 2020 non vai ser unha excepción en Vedra para conmemorar a loita contra a violencia de xénero e para continuar na busca da consecución da igualdade real entre mulleres e homes.
Por este motivo dende a Área de Muller e Igualdade de Vedra ofértanse as seguintes alternativas:
- O venres 20 de novembro presentarase o vído-documental “Vacínate contra a Desigualdade” ás 20 horas na Nave da Estación do Tren. Debido á normativa COVID, o aforo a esta presentación está limitada para as persoas e colectivos implicados na súa elaboración e o mesmo será compartido nas redes sociais municipais o propio 25 de novembro.
- O mércores 25 de novembro no velódromo municipal de Vedra: Encontro: lectura en manifesto “Pecha o círculo contra a violencia de xénero” Anímate a participar deste acto que se celebrará no exterior e que cumprirá con toda a normativa preventiva da COVID-19, que non nos debe facer abandonar esta loita!
- Por último o Concello de Vedra propoñía unha alternativa diferente e rompedora como é un “Escape Feminista” un xogo con perpectiva de xénero, no que descubrir e atopar cada unha das chaves situadas na sala e ir abrindo e liberando cadeados. Pola actual situación a organización desta actividade quedará posposta, para cando a súa posta en práctica sexa totalmente segura para as persoas participantes, por suposto será anunciada oportunamente.
* Por outro lado tamén compartimos a campaña "De Fronte á violencia de xénero" da Deputación da Coruña, da que podes participar a través das seguintes ligazóns:
https://defronte.gal/portfolio/contos-de-nenas-grandes-e-pequenas/
https://defronte.gal/portfolio/sira-e-a-illa/
https://defronte.gal/portfolio/poemas-fronte-as-violencias-de-xenero/