VEDRA CO PROGRAMA "MOCIDADE COA CONSTITUCIÓN 1978"

A Secretaría de Estado de Relacións coas Cortes e Asuntos Constitucionais  (do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática)  e o Centro de Estudos Políticos e Constitucionais (CEPC), coa colaboración da FEMP, coincidindo coas datas do aniversario da Constitución, promoven o Primeiro Encontro Formativo para  a Mocidade sobre a Constitución Española de 1978.

A quen vai dirixida? A mozos e mozas de entre os 18 e os 20 anos.

En que consistirá? Nun variado programa de actividades, que inclue sesións de debate, participación e visitas institucionais  entre os días 1 a 6 de decembro en Madrid, (todos os detalles no programa).

Como solicito a miña participación?  PREMENDO NESTA LIGAZÓN

Prazo de solicitudes aberto ata o 6 de novembro ás 24 horas.

A organización do  Encontro inclúe os gastos de aloxamento na  Residencia de Estudantes, a manutención e o desprazamento en tren, RENFE, para as 36 PERSOAS SELECCIONADAS O DÍA 7 DE NOVEMBRO A TRAVÉS DE SORTEO ENTRE TODAS AS PERSOAS SOLICITANTES.