VEDRA PARTICIPA DA CAMPAÑA DE CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O concello de Vedra ten adxudicado 3 prazas para os Campamentos  Deportivos 2019. Este campamento está destinado a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, cumpridos neste ano 2019 e terá unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como tamén cultural e realización de talleres.

A estancia e manutención terá lugar nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, no concello de A Coruña (rúa Archer Milton Huntington,24) e a cuota de participación é de 85,00 euros por participante. A este concello correspóndelle a 4ª quenda que vai dende o 21 ao 26 de xullo.

As inscricións realizaranse no concello con data límite do 31 de maio, no caso de ter máis solicitudes que prazas concedidas, realizarase un sorteo publico ante o secretario do concello para adxudicar as prazas.

Máis información e inscricións no departamento de cultura e deportes:  981 814 691.