VEDRA PARTICIPA DA NOITE VIOLETA!!

A Corporación do Concello de Vedra súmase á convocatoria da NOITE VIOLETA, unha iniciativa que  se promove  a nivel nacional coa CAMPAÑA “EMERXENCIA FEMINISTA”, e que convoca manifestacións e concentracións para o vindeiro 20 de setembro.

O Concello ILUMINARASE DE COR VIOLETA a noite do 20 de setembro en memoria de todas as vítimas de violencia de xénero, facendo fincapé nas vítimas do mes de xullo.

Así mesmo, ese mesmo día, haberá unha parada no Concello de 5 minutos ás 12 do mediodía, e, a concentración terá lugar diante do Concello ás 21.00 horas

PARTICIPA DESTA INICIATIVA!!

Trae unha luz, vela ou pano violeta na memoria das vítimas.