VENRES AUTÓNOMOS

VENRES AUTÓNOMOS. 15 DE NOVEMBRO, ENCONTRO EN FERROL

O próximo 15 de novembro, a partir das 9.30 h. terá lugar en Ferrol (Hotel Carrís Almirante) o terceiro dos encontros dos Venres Autónomos, unha iniciativa que se está desenvolvendo en diferentes localidades galegas e coa que a Consellería de Emprego e Industria dá continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores co obxectivo de xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.
As persoas autónomas asistentes poderán presentar a súa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos seus proxectos.

Para obter máis información ou inscribirte preme na seguinte ligazón:

http://oficinadoautonomo.gal/gl/venres-autonomos