VERÁN 2021

O  verán presentase en Vedra cunha completa programación:

VERÁN MUNICIPAL:

 "PASATEMPO DE VERÁN 2021"

          - Actividades seguras de pequeno formato.

          - Distribución de actividades por todas as parroquias e ao aire libre.

          - Dirixido a toda a poboación local: infancia, mocidade, persoas adultas e maiores.

          - Límite de aforo e protocolo Covid-19.

          - Recuperar a confianza para que a veciñanza asista presencialmente ás actividades culturais.

          - Colaboración asociativa.

Bótalle un ollo á programación completa que chegará ás 12 parroquias nos meses de xullo e agosto.

Anotate na que que interese dende 5 días antes nos formularios de inscricións que se habilitarán neste espazo.

** Consultas no correo electrónico cultura@concellodevedra.com ou no teléfono 981814691 ( de luns a venres de 9 a 14 horas)

CAMPAMENTOS DE VERÁN

DO 23 AO 30 DE XUÑO NO ALBERGUE XUVENIL  "AREA" EN VIVEIRO (LUGO)

PREZO: 195€ POR PRAZA

PERSOAS DESTINATARIAS E NÚMERO DE PRAZAS:

          - Primaria 25 prazas para persoas nadas nos anos 2009, 2010, 2011 e 2012

          - Secundaria 25 prazas para persoas nadas nos anos 2005, 2006, 2007, 2008

** Máis información no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com

LEMBRA:

Esta actividade socioeducativa e de desenvolvemento persoal ten por obxectivos potenciar as relacións interpersoais entre a infancia e a mocidade creando un clima de afecto, comunicación e participación, propoñer experiencias novas de desfrute do tempo libre, fomentar hábitos de conduta saudables a través do contacto coa natureza dun xeito positivo, favorecer a convivencia entre as persoas participantes e promover o aprendizaxe dende o punto de vista da educación non regulada e informal.

A situación xerada pola COVID-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, tendo en conta as medidas preventivas para ter unha actividade segura; pero tamén sendo conscientes dos continuos cambios que se poden suceder polas restricións e normativas que condicionan as convocatorias e en xeral os procesos.

Todas as persoas preinscritas teñen adxudicada a súa praza. 

O martes 8 de xuño foi enviada aos correos electrónicos, notificados na preinscrición, a documentación necesaria para a confirmación das prazas.

Lembra que o prazo será do 9 e o 13 de xuño.

VERÁN ASOCIATIVO

I CAMPUS DEPORTIVO CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

Do 5 ao 31 de xullo, o Club Olímpico de Vedra organiza o seu I campus deportivo, para todos os rapaces e rapazas nados entre os anos 2006 e 2014 (categorías prebenxamín a cadete).

No horario de 10:00h a 14:00h, as persoas inscritas desfrutarán dunhas mañás ociosas e divertidas, coa práctica de diversas actividades deportivas (multideporte), xogos, rutas activas, talleres de aprendizaxes e iniciación, e moito mais…

Con este I Campus,  o Club busca ofertar á cativada  una alternativa para este verán, coa posibilidade de compartir actividades de lecer cos seus compañeiros, promover a actividade deportiva e os hábitos de vida saudables, pero sempre  co obxectivo principal de que os nenos e nenas se divirtan movéndose co Club.

O prazo para a reserva de praza está aberto ata o día 14 de xuño, con dúas posibilidades de reserva, quincenal ou mensual, e con desconto a partir do segundo irmán/irmá.

As prazas son limitadas, no só para garantir unha organización axeitada de cara ás actividades, senón para adaptarse e cumprir os protocolos Covid19 do Club.

O acceso ao formulario de reserva de praza, está dispoñible nas redes sociais do Club Olímpico de Vedra. Para máis información, no mail  olimpicodevedra@hotmail.com , e no teléfono 621017384

  • Bótalle un ollo ao Incluír cartel!

 

ACAMPARTE 2021 DA ANPA CEIP ORTIGUEIRA

Un verán máis chega ás instalacións do CEIP Ortigueira unha nova edición do Campamento de verán ACAMPARTE.

DATAS: Do 5 ao 30 de xullo

INSCRICIÓNS ABERTAS no teléfono 661351053

PARA NENAS E NENOS DOS 3 AOS 12 ANOS.

Unha alternativa de conciliación con opción de servizo madruga, de calendario completo, quincenal ou semanal…

Será unha acción con saídas, multiaventura, piscina, obradoiros, música,…

A actividade adaptarase e cumprirá co protocolo preventivo da Covid19.

  • Bótalle un ollo ao Incluír cartel!

 

ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

A Asociación AMABUL propón a súa “Escola Ambiental” na súa versión infantil e xuvenil.

A aposta terá dúas quendas (xullo e agosto) con actividades variadas de sensibilización ambiental, xogos educativos na natureza, saídas á Praia, rutas de sendeirismo, actividades deportivas e piscina,…

As prazas serán limitadas de acordo aos “protocolos e restriccións Covid”.

Máis información e inscricións na súa web: www.amabul.org

  • Bótalle un ollo ao Incluír cartel!