PROGRAMA GALICIA MOZA CON ALMA

O Concello de Vedra en colaboración coa ETL Don Bosco a través do programa Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas: unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego. prácticas formativas non laborais de 3 meses de duración (de agosto a outubro de 2025) en Amarante, Portugal, apoio para empregar as novas habilidades adquiridas na búsqueda de emprego ou para continuar estudiando.
Requisitos:
As persoas mozas destinatarias deberán ter feitos os 18 anos e non superar os 30 anos.
Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. Estar inscritas no SNGX (Sistema Nacional de Garantía Xuvenil - pódese facer a inscrición agora) e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Atoparse nunha situación de vulnerabilidade: empadroada nun concello rural, baixo nivel formativo, desempregada de longa duración, situación de risco de exclusión social
Etapas do proxecto:
Formación inicial: Fase de organización e planificación en Galicia con formación específica para preparar a mobilidade.
Fase de mobilidade: Prácticas en Portugal nunha das entidades: Aventura Marão Clube. Equação, Cooperativa de Comércio Justo, Crl.
Formación Final. Fase de avaliación e seguimento unha vez que regresan a Galicia.
Inclúe:
acompañamento e apoio ; viaxe de ida e volta; aloxamento; asignación mensual; apoio lingüístico e manutención
Contáctanos: xuventude@concellodevedra.gal ou no teléfono 981 814 695