AXUDAS CAP E PERMISO DE CONDUCIÓN C E/OU D

A Xunta de Galicia establece as  seguintes bases reguladoras coa finalidade é incorporar ao mercado laboral a conductores e conductoras profesionais.

LIÑA 1 DE AXUDAS: subvención para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP) acreditativo da cualificación inicial, e/ou de ampliación ou promoción, dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

LIÑA 2 DE AXUDAS: subvención para a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E.

PERÍODO SUBVENCIONABLE: para ambas liñas será do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABERTO ATA ÁS  20.00 H DO 30 DE SETEMBRO DE 2026.

IMPORTE DAS AXUDAS:

     - Para a liña 1, o importe máximo que percibirá cada alumno/a será de 1.200 € para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP), e de 300€ para a obtención do CAP na modalidade de ampliación ou promoción, para aqueles alumnos que xa tivesen o certificado nunha categoría e o obteñan na outra.

     - Para a liña 2, a contía máxima para os custos de matrícula e clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E será de 1.200 € por permiso de condución. No suposto de obter varios permisos de condución, da mesma ou de distinta clase, o importe máximo subvencionable será de 2.400 €.

* Toda a información na convocatoria e no extracto de convocatoria incluídos nesta sección.

** Consultas nos Centros de Formación habilitados.

** Dúbidas no teléfono habilitado polo Concello de Vedra: 699 450 801