ESCOLA MUNICIPAL DE INGLÉS CURSO 25-26

O Departamento de Cultura do Concello de Vedra quere coñecer o grado de interese das familias para participar da actividade de inglés no vindeiro curso.

É importante que as persoas interesadas cubran o seguinte FORMULARIO    ANTES DO 15 DE XUÑO.

BOLETÍN XUÑO 2025

CAMPAMENTOS DE VERÁN

O Concello de Vedra abre as inscricións nos Campamentos de Verán 2025, que inclúen tres actividades socioeducativas para a rapazada.

Tras as preinscricións realizadas o pasado mes de abril, agora ábrese o prazo para as inscricións, que terán que formalizarse antes do 30 de maio preferiblemente de forma telemática a través da sede electrónica.

Para a formalización da inscrición teranse en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:

LETRAS GALEGAS 2025.VEDRA

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval.

Pages