​PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL 2026

Programa de Voluntariado Interxeracional no Medio Rural

Este programa de voluntariado pioneiro vaise levar a cabo na realidade do Concello de Vedra e está dirixido a xoves de 16 a 35 anos e persoas maiores de 55 anos. A acción voluntaria realizarase por parellas, é dicir un mozo/a e un/ha maior. É un programa que busca unha aportación social e comunitaria importante para o territorio.

Ten por obxectivos xerais:

  • Poñer en valor as aportacións das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da nosa comunidade.
  • Promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos.
  • Crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.

Consta de tres liñas de acción:

  • LIÑA TURÍSTICA E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO. PROXECTO “VEDRA NA MEMORIA”. Fortalecer o vínculo entre o patrimonio, a historia e a veciñanza, a través da recuperación e posta en valor do legado arquitectónico e visual.
  • LIÑA AGROALIMENTARIA E PRODUCIÓN SUSTENTABLE: PROXECTO “O SABOR DA CAMELIA”. Explorar as utilidades gastronómicas da camelia como elemento de innovación e de posta en valor dos recursos locais.
  • LIÑA DE COHESIÓN TECNOLÓXICA E DIXITAL: PROXECTO “COUSA BOA, VOCES DE VEDRA”. Crear un espazo radiofónico de encontro, conversa e aprendizaxe comunitaria.

As persoas voluntarias contarán con: formación, seguro de R.C. e de accidentes, gastos de desprazamento e manutención cubertos, certificación da experiencia...

Esta iniciatia conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026.

Máis información en voluntariado@concellodevedra.gal