CAMPAÑA DE NEVE 2024 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña dentro da programación deportiva para o ano 2024 pon en marcha a Campaña de neve 2024 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

O Concello de Vedra ten adxudicadas 5 prazas para  para a 5ª quenda que terá lugar dende o 09/02/24 ata o 12/02/24. Os participantes neste programa gozarán de catro días con aloxamento  a pé de pista e manutención, ademais de cursos de esquí.

Para participar é preciso ter entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2023) e estar empadroados en Vedra.

** PREZO POR PRAZA: 85 € (inclúe transporte, estancia, manutención, monitorado, actividades de  esquí, seguros,...)

+INFORMACIÓN NO TELÉFONO 981 814 691

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: ata o 1 de decembro, cubrindo o formulario e presentandoo pola Sede Electrica ou presencialmente no Rexistro Municipal

Se houbese máis solicitudes que prazas concedidas, realizaremos un sorteo público para seleccionar os rapaces e rapazas participantes desta campaña.