CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026

** Bases CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026  PREMER AQUÍ 

** Ficha de inscrición editable para o   MINICAMPAMENTO DE VERÁN 2026: PREMER  AQUÍ

** Ficha de inscrición editable para o   CAMPAMENTO DE MAR 2026. PREMER AQUÍ

 

--------------- INFORMACIÓN PREVIA --------------------

O Concello de Vedra abre o prazo de PREINSCRICIÓNS  do 14 ao 24 de abril, para participar  nos Campamentos de Verán 2026, que inclúen dúas actividades socioeducativas para a rapazada.

Co obxectivo de facilitarlle á rapazada a participación en actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre, o Concello de vedra oferta as prazas para os Campamentos de Verán en colaboración co Concello de Boqueixón.

Minicampamento de aventura 

  • Cando: Do 23 ao 26 de xuño (4 días e 3 noites).
  • Onde: Albergue Alvarella
  • Dirixido a: Nados/as no 2015, 2016 e 2017.
  • Prezo: 160 €.
  • Prazo de preinscricións pechado. 

Ollo: a confirmación de prazas NON respetará a orde da realización da preinscrición!! 

Campamento de Mar

  • Cando: Do 22 ao 29 de xuño (8 días e 7 noites).
  • Onde: Albergue xuvenil Sinas. Vilanova de Arousa.
  • Dirixido a: Nados/as no  2010, 2011, 2021, 2013, 2014 e 2015.
  • Prezo: 250 €.
  • Prazo de preinscricións pechado. 

Ollo: a confirmación de prazas NON respetará a orde da realización da preinscrición!! 

** Unha vez rematado este proceso informase ás persoas interesadas da  súa obtención de praza, de ser o caso, (para a formalización da mesma) ou da súa desestimación, tendo en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:

  1. Participantes empadroados/as en Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade)
  2. Pai, nai, titor, titora empadroados/as en  Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade).
  3. Participantes  escolarizados/as nun centro educativo do concello.
  4. Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.

** Máis consultas e información no teléfono 981 814 691 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.