CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Vedra ten adxudicadas 4 prazas para os  Campamentos  Deportivos 2024 na 3ª quenda que será do 7 ao 12 de xullo no I.E.S Rosalía Mera.

Este campamento conta cun amplo programa de actividades deportivas e culturais: deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográfi­cas.

Poderán participar os nenos e  as nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015 que aboarán 85,00 euros como cota de participación.

As inscricións realizaranse no concello, a través da sede electrónica ou do rexistro  municipal con data límite do 28 de maio  achegando a ficha de inscrición cumprimentada que estará dispoñible na paxina web  do concello e no departamento de cultura e deportes. Unha vez confirmada a praza solicitarse o resto de documentación precisa para a actividade.

No caso de ter mais solicitudes que prazas concedidas  realizaremos un sorteo ante o secretario do concello para adxudicar as prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán da deputación.

Máis información no departamento de cultura e deportes ou no teléfono 981 81 46 91