EIM VEDRA. CURSO 26-27

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DE VEDRA

PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2026/2027

  • Pode consultar a listaxe na ligazón do taboleiro de anuncios electrónico:  PREMENDO AQUÍ  
  • Ou no PDF anexo

O alumnado de RENOVACIÓN NON deberá realizar ningún trámite adicional.

O alumnado de NOVO INGRESO disporá dun PRAZO DE 15 DÍAS NATURAIS dende a publicación da listaxe definitiva (PRAZO DO 7 AO 21 DE MAIO, AMBOS INCLUIDOS)  para aceptar a praza adxudicada e proceder a formalizar a matrícula no Rexistro Xeral ou Sede Electrónica do Concello de Vedra. A documentación necesaria para efectuar este trámite será:

  • Formulario específico de aceptación da praza
  • 4 fotos tipo carné do/a neno/a
  • Copia da cartilla de vacinación actualizada do/a menor
  • Copia da tarxeta sanitaria do/a menor
  • No caso de menores que padezan alerxias, intolerancias ou incidencias de calquera índole, informe médico no que se reflictan. Se o/a menor non as
  • padece, este documento non será necesario.
  • Todos aqueles outros datos ou documentación que sexan oportunos incluír.

---------------------------------- Publicado Previamente ------------------------------------------------

 

LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DE VEDRA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2026/2027

  • Pode consultar a listaxe no taboleiro de anuncios electrónico: PREMENDO AQUÍ 
  • Ou no PDF anexo

PRAZO DE ALEGACIÓNS E RECLAMACIÓNS: DO 27 DE ABRIL AO 6 DE MAIO, AMBOS INCLUÍDOS.

.............................................................................................. 

** Información facilitada previamente

Solicitudes: Do 1 ao 31 de marzo.

Curso escolar: Do 1 de setembro ao 31 de xullo. O mes de agosto permanecerá pechada.

Documentación:

  • Alumnado de RENOVACIÓN: Formulario de renovación da praza e declaración de IRPF do último exercicio fiscal de ambos proxenitores (IRPF 2024).
  • Alumnado de NOVO INGRESO:
  • Formulario de solicitude de praza.
  • DNI de ambos proxenitores.
  • Libro de familia ou certificado de inscrición do nacemento no Rexistro Civil.
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal de ambos proxenitores (IRPF 2024).
  • Acreditación da situación laboral de ambos proxenitores.
  • Certificado de padrón colectivo, para familias empadroadas noutro Concello.
  • Título de familia numerosa.
  • Título de familia monoparental.
  • Sentenza de separación, divorcio ou nulidade e documento convenio regulador.
  • Xustificante de circunstancias especiais ou excepcionais.

Baremo:

O sistema de admisión respectará o principio de igualdade e non discriminación. Atenderanse as solicitudes coa seguinte orde de prioridade:

  • Menores con irmáns e irmás na escola infantil.
  • Fillos/as dos/as traballadores/as da escola infantil municipal.
  • Fillos/as de empregados municipais do Concello de Vedra.
  • Solicitantes de unidades familiares empadroadas no Concello de Vedra, que consten inscritos no padrón municipal de habitantes, con data anterior ao 1 de xaneiro do ano no que se solicita a praza.
  • Solicitantes de unidades familiares que, estando empadroadas noutro concello, teñas os seus postos de traballo nunha empresa con sede social ou órgano de administración radicado no Concello de Vedra.
  • De existiren prazas vacantes, poderán acceder persoas doutros concellos, sempre e cando acrediten ter quedados excluídos das listas de admitidos/excluídos do seu concello ou que o seu concello non dispoña de servizo.

En cada un dos apartados anteriores as solicitudes serán ordenadas de acordo co baremo establecido. Aplicarase o mesmo baremo que o aprobado e publicado cada ano pola Xunta de Galicia para as escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede de escolas infantís da Galiña Azul).

Lugares de presentación das solicitudes:

  • Sede electrónica do Concello de Vedra: PREME AQUÍ 
  • Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello de Vedra, en horario de 9 a 14 horas.
  • En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 (PACAP)

Máis información:

  • Regulamento de réxime interno (BOP A Coruña núm. 249, do 27.12.2024)
  • Ordenanza fiscal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021 e núm. 185, do 25.09.2024).
  • Departamento de servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93