PROCESO SELECTIVO PARA 2 PRAZAS MONITORADO

Compartimos o bando coa convocatoria para a contratación, na modalidade de Contrato Temporal por obra ou servizo a xornada parcial (20 horas/semana) de 2 persoas con titulación para "monitorado de ludoteca e servizos" como reforzo dos servizos de "madruga" e "ludoteca", segundo o exposto e xustificado na Resolución da Alcaldía de data 08/10/2021.

A convocatoria das bases das probas selectivas será compartida unha vez publicada no BOP da Coruña.

Máis información no teléfono 669.450.801 (Cruz), en horario de oficina de 9.00 a 14.00 horas.